lunes, 2 de mayo de 2016

Nova web de Centro Educativo Galén

Moi boas a todas e todos.

Accedede á nova web            www.centrogalen.com             Agardamos que vos guste.

Pretendemos con esta páxina que todos os visitantes poidan saber quen somos e como entendemos a educación, ademais, pódese acceder a toda a información que nace no Centro.
Desprazándose  cara a abaixo accédese aos dous vídeos  de presentación do Centro e ás últimas noticias, podedes atopar as mesmas clasificadas por etapas ou diferentes categorías no menú superior Noticias.
No menú superior pódese acceder a diferentes menús clasificados en Proxecto educativo Instalacións e servizos, ambos os dous subdivididos noutros que permiten coñecernos en profundidade. Ademais, accédese a Admisión e Contacto. Tamén, podedes ver esta páxina en castelán.
Atoparedes o acceso ás nosas redes sociais nos iconos situados ao fondo da páxina: Canle de vídeos de Youtube, galerías de Flickr, Twitter e Facebook, estas dúas últimas podedes seguilas, tamén, na páxina de Noticias, na columna da esquerda.
Os blogs das diferentes etapas aínda que continúan abertos deixarán de ser actualizados, todas as novas estarán recollidas nestas páxinas e nos Muros do Centro en Facebook e Twitter.
Os blogs de Urban English Camp, English Summer Camp e Viaxe a Broadstairs recollerán información destas actividades durante a celebración das diferentes actividades. A información xeral estará recollida nos blogs e na nosa páxina, onde xa podedes vela.
Os blogs de Aula Natureza Trevia e Cantarela Escola de Música deixarán de estar operativos e todas as novas xeradas recollerémolas na nosa páxina.
Agardamos que vos guste a nova páxina.

jueves, 21 de abril de 2016

3º DÍA EN ALEMAÑA

Hoxe o bo tempo seguìu acompañándonos, poidemos sentirnos coma eurodiputados no Parlamento Europeo coa visita guiada de Alice, descubrimos a beleza da cidade vella navegando polas súas canles e finalmente o noso guía Gustav levounos a pe polos rincóns máis agochados de Estrasburgo.








miércoles, 20 de abril de 2016

2º día en Alemaña

Xa habituados ao horario alemán almorzamos cedoe puxemos rumbo á cercana Suiza, alí esperaban por nós as espectaculare cascadas do Rhin baixo un ceo limpo e un sol radiante. Á volta demos un paseo por Bonndorf e rematamos o día xogando coa neve nos arredores do aloxamento. Mañá voltaremos a madrugar e iremos a descubrir Estrasburgo.




martes, 19 de abril de 2016

2º e 3º da ESO en Alemania

Hoxe foi un día moi emocionante. A viaxe saiu segundo o planificado. Poidemos disfrutar da bonita cidade deFriburgo baixo un ceo totalmente despexado. Mañá nos agarda Suiza coas Cataratas do Rhin!!


domingo, 17 de abril de 2016

2º DA ESO COCIÑA MENÚ ALEMÁN

O pasado xoves os alumnos e alumnas de 2º da ESO cociñamos para o resto dos nosos compañeiros de Galén. Preparamos un menú moi especial, preparatorio para a viaxe que iniciaremos a próxima semana: nos imos a Alemania!!! Desexosos como estamos de partir e vivir as experiencias que nos depara a esperada viaxe non podiamos escoller outro menú que non estivese inspirado na gastronomía alemana. Así que  ahí vai a elección de pratos:

1º PRATO     DEUTSCH SALAT
2º PRATO     BRATWURST MIT KARTOFELBREI
POSTRE       APFELSTRUDEL



Comezamos coa elaboración do postre a tarde anterior; un riquísimo biscoito que leva compota de mazá e améndoa molida por riba...




A mañá seguinte continuamos coa elaboración do primeiro e segundo prato.

DEUTSCH SALAT:

Unha saborosa ensalada, que leva pexegos cortados en xuliana, aceitunas verdes, leituga, bonito, cebola e queixo. Esta é unha ensalada moi típica en Alemania que se sirve habitualmente en racións individuais.



BRATWURST MIT KARTOFELBREI:

Esta foi a nosa elección para o segundo prato, un sinxelo prato consistente nunhas salchichas acompañada por bolas de puré de pataca.
Pasámolo moi ben cociñando, pero igual de divertido foi servir os nosos pratos ao resto de alumnos e alumnas do centro. Nos repartimos por turnos e zonas no comedor e fixemos de metres! 




Nós o pasamos moi ben, e agardamos de que todos disfrutásedes da comida!!!

jueves, 24 de marzo de 2016

Xornada portas abertas, 2 de abril.

 
Estades todas e todos convidados á nosa habitual Xornada de Portas Abertas que celebraremos o vindeiro sábado 2  de abril, de 10.30 a 14.00, poderedes coñecer noso novo proxecto para a Ed. Infantil: Galén Nursery School e o noso proxecto educativo da man do profesorado do Centro. Ademáis haberá unha exposición interactiva de xogos matemáticos, un taller de abalorios, teatro en inglés para nenos e nenas e no Centro estará montada a exposición da Semana da Ciencia, este ano ao redor da atmósfera. Vinde.

domingo, 7 de febrero de 2016

Galén Nursery School

Galén Nursery School é o nome do noso novo proxecto educativo para a Educación Infantil. Preséntamolo na Casa do Saber, no adro da Catedral o vindeiro venres 19 de febreiro ás 19.00, estades todas e todos convidados e, ademais, iremos contando algunhas novidades estes días.